Joaquín Botana Míguez, nado no pazo de Dioño (Cornado, Touro) e finado no Pazo (Vigo) o 15 de decembro de 1898, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Botana Parragués. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fixo o doutoramento na Universidade Central. Na Restauración integrouse no Partido Conservador e foi concelleiro de Santiago de Compostela, deputado provincial e alcalde de Santiago (1877). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago de Compostela na elección parcial de 7 de xullo de 1878 substituíndo a Juan José Viñas Balduvieco, sendo reelixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1879 e 1884. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1891-1893 e 1896-1898.
Vida persoal Casou con Josefa Cadaval Calderón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Touro Categoría:Finados en 1898 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela