Cándido Martínez Montenegro, nado en Mondoñedo o 9 de marzo de 1831 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1899,Necrolóxica en El Correo de Lugo, 23-12-1899, p. 1. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1851). Foi Xuíz de paz en Mondoñedo e deputado provincial. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1871 e volveu ser reelixido en 1872. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas sucesivas eleccións entre 1876 e 1899. Foi oficial de Fomento, Director Xeral de Correos e Telégrafos, conselleiro de Estado e ministro do Tribunal Contencioso-Administrativo.
Recoñecementos O Concello de Mondoñedo nomeouno fillo predilecto en 1890 e dedicoulle unha rúa (agora chamada rúa Eduardo Lence-Santar).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O 21 de decembro de 1899 morre Cándido Martínez Montenegro "Chambriles"
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1899