Maruxa Barrio Val, nada en Berredo (Agolada) o 12 de setembro de 1949, e finada en Cangas de Morrazo o 1 de xaneiro de 2023, foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria Trasladouse coa familia primeiro a Ferrol e despois a Coruña. integróuse no Teatro Circo dirigido por Manuel Lourenzo. Aprobou as oposicións a Maxisterio en 1978 e foi mestra nos colexios públicos de Nazaret (Cangas), O Hío, San Roque (Darbo) e no IES Monte Carrasco, centro do que foi directora. En 1982 participou na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e despois na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.
Preocupada pola docencia infantil en galego, publicou en colaboración con Henrique Harguindey Textos pra o ensino de galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado en 1994 como Antoloxía do conto popular galego. En 1979 publicou Xeografía descriptiva de Galicia.
miniatura|175px|Contos Populares, BBdCG. Obra Textos pra o ensino de galego (1976) Xeografía descriptiva de Galicia (1979) Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) Contos populares, Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983) Antoloxía do conto popular galego (1994) O mal do zapateiro e outros contos (1998)
Vida persoal Casou con Henrique Harguindey. O autor de banda deseñada Breixo Harguindey é o fillo deles.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2023