O Laser HT (anteriormente coñecido como Kiekko-Laser) foi un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia). En decembro de 2011 declarouse en quebra económica e puxo fin a todo tipo de actividade. Xogaba os seus partidos como local no Oulun jäähalli, un pavillón con capacidade para 6.768 espectadores. Estaba afiliado ao Oulun Kärpät da SM-liiga.
Historia O Kiekko-Laser fundouse no ano 2005 pola fusión de dous equipos da cidade de Oulu, o Kiekko-Oulu e o Laser HT. Trala fusión, o equipo comezou a competir na terceira categoría do hóckey sobre xeo finés, a Suomi-sarja. No 2010 o equipo gañou a Suomi-sarja e se clasificou para o playoff de promoción, no que conseguiu o ascenso á segunda categoría, a Mestis, tras derrotar ao RoKi por 4-2. Na segunda categoría categoría xogou ata decembro do 2011, cando a entidade declarouse en quebra.eurohockey.com, Kiekko-Laser goes bankrupt
Xogadores Xogadores destacados Antti Aarnio Mikko Alikoski Juho-Tuomas Appel Tatu Backman Rane Carnegie Markku Erholtz Petri Halme Sami Holappa Arto Holtinkoski Jyri Junnila Olli Julkunen Henrik Juntunen Jan-Mikael Juutilainen Antti Karhula Toni Kirén Joonas Komulainen Jari Kontio Ville-Matti Koponen Harri Korpela Tommi Leinonen Joni Liljeblad Mikko Niemelä Janne Niinimaa Tomi Peltonen Ville Pokka Mikko Purontakanen Mikko Saavinen Sami Siltavirta Tomi Ståhlhammar Jani Södö
Notas
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Laser