Juan Manuel Fajardo Recouso, nado en Vilagarcía de Arousa en 1973, é un político galego.
Traxectoria Informático. Militante de Esquerda Unida, foi candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas municipais de 2003, sendo elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura nas municipais de 2007, nas que obtivo tres concelleiros, e nas municipais de 2011, nas que logrou dous concelleiros.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 encabezou a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Pontevedra, resultando elixido deputado.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa
Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos de Esquerda Unida