María Concepción Burgo López, nada en Monforte de Lemos o 9 de xuño de 1958, é unha historiadora, profesora universitaria, e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e doutorouse en Historia na mesma Universidade en 1986, lendo a tese Un dominio monástico femenino en la Edad Moderna: el monasterio benedictino de San Payo de Antealtares, dirixida polo doutor Antonio Eiras Roel.USC. Invesrtigación. María Concepción Burgo López.
Desde 1991 a 1993 foi a directora do Colexio Universitario de Lugo da Universidade de Santiago. María Concepción Burgo López en "Galegos". galiciadigital.com.
Despois da transformación de dito Colexio Universitario no Campus de Lugo da USC, foi nomeada, en 1989, Profesora Titular de Historia Moderna, do Departamento de Historia Medieval, Moderna e Contemporánea, na Facultade de Humanidades de Lugo.BOE núm. 241, de 7 de octubre de 1989, página 31634, Até o ano 2003 foi decana de dita Facultade.
Nese mesmo ano formou parte da candidatura do PSOE ao Concello de Lugo, no que foi tenente de alcalde, encargada da área de Cultura, Turismo e Educación até o ano 2010. Nese período puxo en marcha o Centro de Interpretación da Muralla.
Desde o 2005 até 2020 foi deputada polo PSOE do Parlamento de Galicia, da que foi vicesecretaria.Parlamento de Galicia.
É autora de estudos sobre Galicia na Idade Moderna, algúns deles referidos á historia da cidade de Lugo.
Algunhas publicacións Libros Un dominio monástico femenino en la edad moderna: el Monasterio benedictino de San Payo de Antealtares (1986). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de publicacións e Intercambio Cienrífico. ISBN 84-3987-750-1. Tese de doutoramento. (Resume). Historia de Lugo (2001; con Felipe Arias Vilas, José Luis Novo Cazón e María Jesús Souto Blanco). Oleiros: Vía Láctea. ISBN 84-8944-473-0.
Colaboración "Lugo y su provincia: el momento histórico", "La Edad Media", "La Edad Moderna" e "Los siglos XIX y XX". En: Antonio Eiras Roel (2000): El reino de Galicia en la época del emperador Carlos V. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-4532-926-9.
Artigos "La estructura económica del Cabildo de Lugo a finales del siglo XVIII" (1993). Ohm: obradoiro de historia moderna 2: 65-84.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Historiadores de España Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Lugo