As mágoas do mozo Werther é unha novela epistolar en lingua alemá de Johann Wolfgang von Goethe, publicada por primeira vez en 1774 co título orixinal de Die Leiden des jungen Werthers, coincidindo coa Feira do Libro de LeipzigZamora Rendón, M.; Vallejo Molina, R. D.; Parra Londoño, J. I.: Episodios de literatura moderna (páx. 254). Universidad Santo Tomás, Santafé de Bogotá, 2001 .. Foi traducido ao galego por Francisco Manuel Mariño e Sabine Geck, e publicado por Editorial Galaxia en 2007.
Adaptacións noutros medios A obra de Goethe inspirou a ópera Werther (1892) de Jules Massenet. Henri Pouctal filmou Werther en 1910, película que se considera perdida. En 1968 Jean-Pierre Lajournade fixo unha lectura crítica e metacinemática da novela en Werther (título alternativo: Les Souffrances du jeune Werther), unha película feita para a televisión que bebe das vangardas e da política do Maio do 68. En 1986 Pilar Miró adaptou a novela na súa Werther.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas As mágoas do mozo Werther , ficha en Cultura Galega. As mágoas do mozo Werther, ficha na web de Editorial Galaxia.
Categoría:Obras literarias de 1774 Categoría:Romanticismo Categoría:Novelas en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego