Francisco Marín Muñoz, nado en Linares (Xaén) en 1960, é un funcionario galego, político vinculado ao PPdeG e presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Traxectoria Marín Muñoz é enxeñeiro agrónomo. Aprobou unhas oposicións ao corpo de enxeñeiros agrónomos do estado e ocupou diversos postos. En 1987 atopa o seu destino en Ourense. Na década de 2000, traballou para a delegación en Ourense da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. En 2011 foi nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, en substitución do socialista Francisco Fernández Liñares.
Categoría:Presidentes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Linares, España