Kosmos 321 (Космос 321 en ruso), tamén denominado DS-U2-MG Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Kosmos 321 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MG. Estaba adicado a facer observacións científicas dos polos magnéticos terrestres. Foi seguido polo Kosmos 356. Kosmos 321 foi inxectado nunha órbita inicial de 507 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 23 de marzo de 1970.

Resultados Kosmos 321 estudou as subtormentas magnéticas do 4 de marzo de 1970 e do 8-10 de marzo dese mesmo ano. Estudou tamén os electrochorros, o efecto das correntes lonxitudinais magnetosféricas e ionosféricas, medindo ademais por primeira vez os efectos dun electrochorro ionosférico ecuatorial na ionosfera e a súa indución sobre a Terra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U2-MG Kosmos 356

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-MG