120347 Salacia,MPC 73984 que tiña a desiganción provisional de: , é un obxecto trans-neptuniano que reside no cinto de Kuiper. Foi descuberto o 22 de setembro do ano 2004, por Henry G. Roe, Michael E. Brown, e Kristina M. Barkume dende o Observatorio de Palomar. Nas listas do sito web de Mike Brown, Salacia aparece coma un obxecto con grandes posibilidades de ser un planeta anano. Actualmente estimase que o seu diámetro está lixeiramente por riba dos 900 km.
Foi observado 100 veces, e foi recuperado en imaxes que nós retrotraen ata o ano 1982. Salacia órbita ó redor do Sol a unha distancia media lixeiramente máis grande cá de .
Nome A foille asignado o nome de Salacia o 18 de febreiro do ano 2011. Salacia é a deusa de auga salgada e muller de Neptuno.johnstonsarchive.net O nome da súa lúa, Actaea, foi tamén asignado ese mesmo día. Actaea na mitoloxía é unha nereida ou ninfa do mar.
Propiedades físicas Aínda que Salacia ten unha inclinación de 24°, non é un membro da familia de Haumea, xa que o seu espectro no infravermello próximo é practicamente plano e suxire unha cantidade inferior ó 5% de xeo de auga. A masa total do sistema Salacia–Actaea é de 4,66 ± 0,22 x 1020 kg. En base ós seus diámetros relativos, o 96% da masa do sistema debería pertencer a Salacia. Salacia ten o albedo e a densidade máis baixa entre os obxectos trans-neptunianos de tamaño semellante.
Satélite Salacia ten unha lúa, Actaea, que órbita ó redor do seu primario cada 5,494 días a unha distancia de 5.619 ±87 km e cunha excentricidade de 0,0084 ±0,0076. O seu diámetro é duns 303 ±35 km. Foi descuberta o 21 de xullo do ano 2006 por Keith S. Noll, Harold Levison, Denise Stephens e Will Grundy, grazas ó uso do Telescopio Hubble.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos 1 Ceres 90482 Orcus Sedna
Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris Salacia: As big as Ceres, but much farther away (Emily Lakdawalla - 2012/06/26)
Categoría:Cubewanos Categoría:Candidatos a planeta anano