CATIA (en francés: «Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive Appliquée») é un programa para CAD 3D deseño asistido por ordenador, este software foi creado pola compañía Dassault Aviation para as súas propias necesidades como o sistema CATI (acrónimo de deseño asistido interactivo en tres dimensións). Dassault Systèmes foi creado en 1981 para asegurar o desenvolvemento e o mantemento baixo o nome de CATIA, IBM fíxose cargo da comercialización do programa.
Historia CATIA naceu como un proxecto interno na década de 1970 do fabricante de avións Dassault Marcel, mentres que o software era de CADAM, da empresa Lockheed.
O software foi chamado primeiro CATI (Conception Assistée Tridimensionnelle Interactive), pero foi rebautizado como CATIA en 1981. Nese momento, Dassault creou unha filial encargada do desenvolvemento e a comercialización do CAD, e firmou con IBM unha distribución non exclusiva.
En 1984, Boeing seleccionou CATIA como a súa principal ferramenta de CAD, e pasou a ser o principal cliente.
En 1988, durante a transición á versión 3, CATIA pasa dende mainframes a plataformas UNIX .
En 1992 CADAM foi comprado por IBM e o ano seguinte CATIA V4 CADAM saíu ao mercado.
En 1996 o número de plataformas UNIX compatibles con CATIA V4 pasou dun a catro, que agora inclúe IBM AIX, Silicon Graphics IRIX, Sun Microsystems SunOS e Hewlett-Packard HP-UX .
En 1998, unha versión completamente re-escrita de CATIA publicase: CATIA V5. Esta versión foi programada para Microsoft Windows mentres mantíñase a dispoñibilidade baixo UNIX, o negocio Mainframe foi abandonado.
En 2008, sae unha nova versión chamada V6.
Empresas que empregan CATIA Aviación: Boeing, Bombardier Aviation, Dassault Aviation, SNECMA, Airbus, Eurocopter, Thales, Safran, SONACA Espazo: Astrium Construción naval: Groupe Bénéteau, Meyer Werft, US Navy para o USS Virginia (SSN-774) primeiro submarino norteamericano deseñado por ordenador, grupo DCNS. Arquitectura: Frank Gehry incluído o Museo Guggenheim Bilbao. Automóbiles: Microcar, Michelin, Renault, Renault Sport F1, PSA, BMW, Daimler, Toyota, Honda, Porsche, Audi, Mygale, Goodyear, Carat Security Group, Autoliv, Valeo, Plastic Omnium AutoExterior, Faurecia, Renault Trucks. Ferroviario: Alstom, Bombardier, CAF Reloxos: Swatch Group Electrónica: Nokia, LG, Thales Produtos de grande consumo: Arc International Manufactura: Rotarex Investigación: CERN, Fermilab, CNRS Enerxía: Iter, Hydro-Québec, Alstom Power Bergeron
En Galiza Televés emprega CATIA nos seus deseños.
Deseños con CATIA
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Dassault Systèmes sobre Catia .
Categoría:Aplicacións de gráficos 3D Categoría:Aplicacións de deseño asistido por ordenador Categoría:Soporte lóxico de Windows Categoría:Soporte lóxico de UNIX