Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks e tamén como Rosa Lee Parks https://elpais.com/internacional/2005/10/25/actualidad/1130191205_850215.html, nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.

Traxectoria No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor (National Association for the Advancement of Colored People), NAACP, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer o chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.

En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unha vaga de protestas contra a segregación.

Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nun símbolo do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit (Míchigan) a principios da década de 1960, onde conseguiu emprego do representante afroamericano John Conyers (demócrata por Míchigan) desde 1965 até 1988.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Barnes, Catherine A. Journey from Jim Crow: The Desegregation of Southern Transit, Columbia University Press, 1983. Rosa Parks with James Haskins, Rosa Parks: My Story Nova York: Scholastic Inc., 1992. ISBN 0-590-46538-4

Outros artigos Claudette Colvin

Ligazóns externas Rosa Parks:the woman who changed a nation Parks entrevistada por Kira Albin

Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas afroamericanos Categoría:Nados no condado de Macon, Alabama Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana