A Confederación Nacional do Traballo (CNT; en castelán: Confederación Nacional del Trabajo) é unha unión confederal de sindicatos autónomos de ideoloxía anarcosindicalista de España, adherida á organización de carácter supranacional Asociación Internacional dos Traballadores (AIT). Por este motivo tamén é coñecida co nome de CNT-AIT. É unha organización que xogou un papel moi significativo dentro dos movementos sociais relacionados co anarquismo.
Fundada o 30 de outubro de 1910 en Barcelona a partir de grupos organizados en torno ó sindicato Solidariedade Obreira, recolleu a testemuña do espírito do movemento anarquista español que se traza desde a creación da Federación de Traballadores da Rexión Española, organización que sucedeu a sección española da Primeira Internacional.
Cun significativo legado histórico e cultural, a CNT continúa hoxe participando no movemento obreiro español baseándose nos principios da autoxestión, o federalismo e a axuda mutua.
Organización e funcionamento Afiliación Pode pertencer á CNT calquera persoa, coa excepción de policías, militares ou corpos armados. Non cómpre acreditar ningunha ideoloxía para afiliarse, sendo compatible incluso a dobre militancia nun partido político e o sindicato. Porén, as persoas que ocupan cargos en partidos políticos non poden facer o mesmo no sindicato. Esta medida tómase para evitar que algunha formación política poida dirixir ou instrumentalizar a CNT.
Obxectivos miniatura|dereita|Apoio da CNT a unha manifestación ecoloxista en contra do complexo de ENCE en Pontevedra. Como organización sindical, segundo os seus estatutos, a CNT pretende:
Os obxectivos da CNT non se limitan á defensa dos intereses da clase obreira, senón que inclúen o desexo dunha transformación radical da sociedade a través do sindicalismo revolucionario:
Para lograr a revolución social, a organización ten esbozado un sistema económico-social a través do concepto confederal do comunismo libertario, que consiste nunha serie de ideas xerais propostas para a organización dunha sociedade anarquista.
Como organización que se inspira nas ideas libertarias, identifícase tamén coas loitas dos diferentes movementos sociais. Desta maneira, a CNT defende causas alleas ó mundo laboral como a dignidade das persoas recluídas en prisións, as reivindicacións ecoloxistas, a loita contra a discriminación da muller, a oposición ó militarismo ou a "okupación".
A CNT é unha organización de carácter internacionalista, pero apoia o dereito á autodeterminación dos pobos e a súa soberanía respecto ós estados:
Estrutura miniatura|400px|dereita|Esquema da estrutura organizativa da CNT.
A estrutura organizativa da CNT está pensada para previr na medida do posible a burocracia e os liderados. Á dereita amósase un esquema básico da devandita estrutura, da que se desenvolven os seus elementos a continuación.
Sindicatos de ramo e de oficios varios A estrutura de base da CNT son os sindicatos de ramo, que agrupan os traballadores de distintos oficios dentro de cada ramo da produción. Cando non existen vinte e cinco persoas traballando nun mesmo ramo fórmase un sindicato de oficios varios (S.OO.VV.), que pode incluír traballadores de diferentes oficios e ramos da produción e que require un mínimo de cinco persoas para a súa constitución. Se non se chegase tampouco a esa cantidade, pódese crear un núcleo confederal.
O poder de decisión dos sindicatos de ramo e de oficios varios reside na asemblea. As decisións son tomadas por tódolos traballadores do sindicato en cuestión polo sistema da democracia directa e o consenso.
Seccións sindicais As seccións sindicais son as asembleas de traballadores do sindicato que se encontran traballando nun mesmo centro de traballo ou empresa. A asemblea da sección sindical elixe unha delegación da sección sindical, que adoita ser rotativa e que representará as opinións da sección sindical nas reunións con outros organismos, pero que non ten poder de decisión.
Comité e secretarías A asemblea escolle un comité que realiza tarefas rutineiras ou administrativas que non requiren a discusión de tódolos membros, pero non ten poder de decisión. Os comités poden organizarse a través de diferentes secretarías, como por exemplo:
Secretaría xeral. Organización. Tesourería e asuntos económicos. Propaganda, cultura e arquivo. Prensa e información. Xurídica e propresos. Acción sindical. Acción social.
O número de secretarías pode ser variable, cun mínimo de tres (as tres primeiras). Forman parte do comité tamén as delegacións das seccións sindicais das empresas do ramo.
Federacións e confederacións A CNT organízase de forma anárquica, de abaixo a arriba, a través de diferentes niveis de confederacións, seguindo o principio federativo.
Federacións locais e comarcais Os distintos sindicatos de ramo ou de oficios varios dun mesmo concello constitúen a federación local de sindicatosPara coñecer os enderezos das sedes locais véxase http://www.cnt.es/Director/ que se coordina por medio dun comité local, coas mesmas características e atribucións dos comités dos sindicatos. O comité local elíxese mediante un pleno local de sindicatos no que os distintos sindicatos de ramo ou de oficios varios envían delegacións con acordos por escrito tomados previamente en asemblea.
Á súa vez os sindicatos de concellos próximos poden agruparse nunha federación comarcal.
Confederacións rexionais As confederacións rexionais son a unión de varios sindicatos dun mesmo ámbito xeográfico de orde rexional. Novamente a estrutura se repite: elíxese un comité rexional co seu secretario xeral e resto de secretarías nun pleno rexional de sindicatos no que as diferentes federacións locais envían delegacións con acordos por escrito tomados previamente en asemblea.
A división rexional da CNT sufriu algúns cambios a través do tempo. A división contemporánea —non coincidente coa das comunidades autónomas oficiais de España— preséntase a continuación, xunto co actual mapa confederal da organización.
En Galiza a Confederación Rexional Galaica conta actualmente con 7 sindicatos. miniatura|300px|dereita|Mapa confederal da CNT Andalucía AlmeríaCádiz Córdoba Granada Huelva Xaén Málaga Sevilla Aragón - A Rioxa Huesca Teruel Zaragoza A Rioxa Asturias - León Asturias León Canarias As Palmas Santa Cruz de Tenerife Cataluña - Baleares Barcelona Xirona Lleida Tarragona Baleares Centro Ávila Palencia Salamanca Segovia Soria Valladolid Zamora Madrid Cidade Real Cuenca Guadalaxara Toledo Extremadura Badaxoz Cáceres Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Levante Albacete Alacant Castellón Valencia Murcia Murcia Norte Cantabria Burgos Áraba Guipúscoa Biscaia Navarra
A CNT tamén conta cunha rexional exterior con presenza en París, Tolosa e Montpellier (Francia).
Confederación nacional ou anarcosindical Secretarios xerais da CNT dende 1995NomeDesdeAtaLuis Fernando Barbamaio 1995decembro 1995José Luis Velascodecembro 1995febreiro 1998Luis Fuentesdecembro 1998outubro 2000Ana Sigüenzaoutubro 2000marzo 2003Iñaki Gilabril 2003xullo 2005Rafael Corralesxullo 2005agosto 2007Fidel Manriqueagosto 2007decembro 2010Alfonso Álvarezdecembro 2010marzo 2013Pedro Senramarzo 2013abril 2015Martín Paradeloabril 2015xullo 2017Enrique Hozxullo 2017 -
As confederacións rexionais envían delegacións nos mesmos termos que nos casos anteriores a un pleno nacional de rexionais, que actúa no ámbito xeográfico de España e que constitúe a confederación nacional, tamén coñecida como a anarcosindical. O pleno nacional de rexionais elixe un secretario xeral nacional e unha federación local como sede do comité nacional. A federación local é á que pertence a persoa elixida como secretario xeral. É por este motivo que a CNT non conta cunha sede central fixa, senón que vai cambiando dependendo de onde sexa o lugar de traballo do secretario xeral elixido en cada ocasión. Á esquerda amósase unha táboa cos últimos secretarios xerais da CNT. Para unha lista máis completa véxase Secretario Xeral da CNT.
O pleno local da federación local elixida como sede reúnese para designar o resto de secretarías. O secretario xeral elixido polo pleno nacional de rexionais e as secretarías escollidas polo pleno local da federación local que é sede, forman o Secretariado Permanente do Comité Nacional (SP-CN) da CNT. O resto do comité nacional fórmano as secretarías xerais de cada rexional. Como todos os comités da CNT, as súas atribucións son técnicas ou administrativas, e non pode tomar decisións.
Congreso da CNT CongresoLocalidadeDatasConstituciónBarcelona30 de outubro - 1 de novembro de 1910IBarcelona8 - 11 de setembro de 1911IIMadrid10 - 18 de decembro de 1919IIIMadrid11 - 16 de xuño de 1931IVZaragoza1 - 10 de maio de 1936VMadrid8 - 16 de decembro de 1979VIBarcelona12 - 16 de xaneiro de 1983VIIBilbaoabril 1990VIIIGranada6 - 10 de decembro de 1995IXPerlora, Carreño1 - 3 de novembro de 2002XCórdoba4 -8 de decembro de 2010XIZaragoza4 -8 de decembro de 2015
Ó congreso da CNT acoden representacións directas dos sindicatos de ramo ou de oficios varios independentemente das escalas locais ou rexionais, con acordos tomados por escrito en asemblea previa. O congreso ten entre as súas atribucións decidir sobre a actividade xeral da CNT, e pode nomear un novo comité nacional. Desde a fundación da CNT en 1910 celebráronse nove congresos, ademais do congreso de constitución da organización, como se amosa na táboa da dereita.
O congreso convoca o comité nacional cun ano de antelación cando hai unha necesidade imperiosa ou existen novas situacións que haxa que valorar. Tras ratificarse nun pleno nacional de rexionais, preséntanse os temas de discusión e comeza o debate en cada sindicato membro da CNT sete meses antes da data do inicio do congreso.
Plenos Outra forma de tomar decisións é a través dos plenos locais, rexionais e congresos, nos que os sindicatos de ramo ou de oficios varios participan directamente enviando delegacións con acordos tomados previamente por escrito en asemblea. O pleno nacional de rexionais non segue esta regra, pois neste caso acoden distintas delegacións das confederacións rexionais con acordos tomados previamente por escrito nos seus respectivos plenos rexionais de sindicatos.
Plenarias As reunións dos diferentes comités (locais, rexionais e nacionais) reciben o nome de plenarias. Nas plenarias non se poden tomar decisións, senón só levar a cabo cuestións técnicas e administrativas.
Estruturas paralelas
Conferencias As conferencias son reunións abertas nas que se discuten asuntos e se expoñen temas, e serven para pescudar a opinión xeral da organización nun determinado momento. As discusións pasan logo ós sindicatos de base para o seu estudo. Poden acudir a elas persoas representándose a si mesmas ou a outro organismo ou sindicato, pero non se poden tomar acordos.
Federacións de industria As federacións de industria coordínanse segundo similitude de ramo e non xeográfica. A totalidade dos sindicatos da CNT dun ramo da produción forman a federación nacional de industria dese ramo, diferindo da estrutura de sindicatos de ramo coordinados por federacións e confederacións locais e rexionais. Tamén existen federacións de industria de nivel rexional. As federacións de industria posúen autonomía para actuar naqueles asuntos que son da súa incumbencia. Nomean representantes que están presentes nas confederacións nacionais e rexionais con voz pero sen voto. Algunhas das federacións de industria da CNT son: Correos, de Asturias. Ensino, de Andalucía. Ensino, de Castela e León. Ensino, de Cataluña. Estatal de Ensino. Federal de Correos e Telégrafos. Sindicato Federal de Telefónica. Estatal de Servizos Públicos. Estatal da Construción. Estatal de Artes Gráficas.
Outros organismos Medios de expresión miniatura|