miniatura|Tumba de Peñamaría de Llano no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Sergio Peñamaría de Llano, nado na Fonsagrada o 5 de marzo de 1914 e finado na Coruña o 29 de decembro de 2004, foi un avogado, militar e político galego.

Traxectoria Durante a guerra civil serviu en unidades da Lexión. Foi un dos tenentes ao mando da columna da 3ª Bandeira da Lexión que se encargou da represión dos fuxidos na zona do Barco de Valdeorras en outubro de 1939. Posteriormente integrouse no corpo xurídico militar, chegando a coronel. Foi nomeado alcalde da Coruña o 19 de maio de 1959. Impulsou as obras do aeroporto de Alvedro e cuñou a frase "A Coruña, cidade en que ninguén é forasteiro". Foi procurador en Cortes como alcalde de capital de provincia (1959-1963). Finou na Coruña o 29 de decembro de 2004.

Vida persoal Sobriño de Armando Peñamaría Álvarez. Casou con Rosario Suárez Quiroga, filla de Marcelino Suárez González.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2004