Guan Moye (chinés simplificado: 管谟业; pinyin: Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (chinés simplificado: 莫言; pinyin: Mò Yán), que significa "Non fales""La voz recuperada de Mo Yan", artigo en El País, 10 de maio de 2008 .. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.

Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hong gao liang ("Sorgo vermello").

Traxectoria Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.

Estilo O seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.

Adaptacións Varias das súas novelas foron levadas ao cine:

Hóng Gāoliáng (1987; dirixida por Zhang Yimou) Xìngfú Shíguāng (2000; dirixida por Zhang Yimou). Nuǎn (2003; dirixida por Huo Jianqi)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

莫言 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Nados en Shandong Categoría:Alumnos da Universidade Normal de Pequín Categoría:Premios Nobel da China