Jon Morgan Searle, nado en Buckfast (Devon) o 22 de xuño de 1930 e finado en Xibraltar o 13 de marzo de 2012, foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.

Traxectoria Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, no Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.

Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.

No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.

Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.

Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.

Autobiografía Song for a new life

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fallece el periodista y exeditor del Chronicle Jon Morgan Searle John Searle muere a la edad de 81 años

Categoría:Xibraltar Categoría:Personalidades do xornalismo‎ Categoría:Nados en Devon Categoría:Nados en 1930