miniatura|Restos do coche de Alan Stacey despois do seu accidente mortal no Gran Premio de Bélxica 1960. No recuadro, Stacey antes da carreira. O Gran Premio de Bélxica de 1960 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de xuño de 1960 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de . É lembrado como un dos días máis nefastos da historia da Fórmula 1 debido á morte de Chris Bristow e Alan Stacey e os graves accidentes de Stirling Moss e Mike Taylor.
A distancia da carreira alargarase de 24 a 36 voltas. Os resultados poñen en relevo un trazo infrecuente nas normas sobre a clasificación dos non clasificados. Baixo as regras actuais, Graham Hill clasificaríase terceiro, xa que completou a volta 35 antes que Gendebien. Hill retirouse despois, nos boxes, pero non se clasificou xa que non empuxou o seu coche ata a liña de meta logo de que chegara o gañador (como exixían as normas da época). De feito, a regra de cruzar a liña de meta foi aplicada de xeito diverxente, no Gran Premio de Alemaña de 1959, Harry Schell clasificouse sétimo a pesar de completar só 49 das 60 voltas da carreira.Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X
Clasificación Pos Nº País Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Jack Brabham Cooper-Climax 36 2:21:37.3 1 8 2 4 Bruce McLaren Cooper-Climax 36 + 1:03.3 14 6 3 34 Olivier Gendebien Cooper-Climax 35 + 1 volta 5 4 4 24 Phil Hill Ferrari 35 + 1 volta 4 3 5 18 Jim Clark Lotus-Climax 34 + 2 voltas 10 2 6 32 Lucien Bianchi Cooper-Climax 28 + 8 votas 15 1 Ret 10 Graham Hill BRM 35 Motor 6 Ret 16 Alan Stacey Lotus-Climax 24 Accidente mortal 17 Ret 22 Willy Mairesse Ferrari 23 Transmisión 13 Ret 26 Wolfgang von Trips Ferrari 22 Transmisión 11 Ret 36 Chris Bristow Cooper-Climax 19 Accidente mortal 9 Ret 30 Chuck Daigh Scarab 16 Motor 18 Ret 6 Jo Bonnier BRM 14 Motor 7 Ret 14 Innes Ireland Lotus-Climax 13 Accidente 8 Ret 8 Dan Gurney BRM 4 Motor 12 Ret 38 Tony Brooks Cooper-Climax 2 Caixa de cambios 2 Ret 28 Lance Reventlow Scarab 1 Motor 16 NTS 12 Stirling Moss Lotus-Climax 0 Accidente 3 NTS 20 Mike Taylor Lotus-Climax 0 Accidente 19
Notas
Pole position: Jack Brabham - 3:50.0 Volta rápida: Jack Brabham, Innes Ireland e Phil Hill - 3:51.9 Nas prácticas da carreira Stirling Moss e Mike Taylor resultaron feridos en distintos accidentes, Taylor sufriu lesións que porían fin a súa carreira deportiva e as graves feridas de Moss mantiverono fora da competición durante varios meses. Na carreira, Chris Bristow, que pilotaba un vello Cooper do equipo British Racing Partnership, estrelouse contra un terraplén de 1´20 metros de altura e saíu despedido contra uns arames de pugas que o decapitaron, morrendo instantaneamente. Cinco voltas despois, Alan Stacey foi golpeado na cara por un paxaro en Masta e estrelouse fatalmente. Foi o peor fin de semana deste deporte ata o Gran Premio de San Marino de 1994.
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Bruce McLaren 20 10px 2 2 Jack Brabham 16 10px 1 3 Stirling Moss 11 10px 1 4 Jim Rathmann 8 10px 5 Innes Ireland 7
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Cooper-Climax30 10px 2 Lotus-Climax17 10px 3 Ferrari15 10px 4 BRM6 10px 5 Cooper-Maserati3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1960