Elizabeth Jane Weston (en latín Elisabetha Joanna Westonia e en checo Alžběta Johana Vestonie), nada en Chipping Norton (Oxfordshire) o 2 de novembro de 1581 e finada en Praga o 13 de novembro de 1612, foi unha poetisa inglesa, coñecida pola súa poesía neolatina. Tivo unha distinción infrecuente para unha muller á hora de publicarse a súa poesía. A súa obra completa, publicada en dous volumes en 1608, foi titulada Parthenica. A temática variada entre soños idílicos, odas a Rodolfo II (orixinalmente enviadas ao emperador coa intención de convencelo para que lle deixara cartos), odas a si mesma, e diatribas antisemitas.
Traxectoria Non se sabe nada de seu pai, mais o seu padrasto, Edward Kelley, foi un alquimista de renome. Kelley, xunto con John Dee, foi contratado na corte de Rodolfo II, polo que a súa familia se trasladou a Praga. Foi moi salientable o seu dominio das linguas, tendo coñecementos de cinco linguas: checo, inglés, alemán, italiano e latín.
En 1603 casou cun avogado, Johnnes Leo, con quen tivo sete fillos antes de que morrera durante un parto en 1612. Está enterrada na Igrexa de Santo Tomás en Malá Strana (Praga).
Unha colección da súa poesía, editada e traducida por Donald Cheney e Brenda M. Hosington, foi publicada por University of Toronto Press en 2000.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista cun experto na poetisa en Radio Praha Biografía Escritos de Elizabeth Jane Weston Parthenica (en CAMENA) A obra Rodolfo II , por Edward Einhorn, conta con Elizabeth Jane Weston como personaxe O terceiro acto da obra Burn Your Bookes, por Richard Byrne, trata a relación entre Elizabeth Jane Weston e Edward Kelley
Categoría:Nados en 1581 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Poetas de Inglaterra Categoría:Finados en 1612 Categoría:Nados en Oxfordshire