A salvitxada é unha salsa orixinaria de Cataluña (España), concretamente da localidade de Valls na provincia de Tarragona, que serve para acompañar aos calçots nas calçotades.
Características Na súa composición parécese bastante á salsa romesco, sendo unha das súas variedades. Os seus ingredientes principais son:
Allos asados e crus. Tomates asados. Améndoas tostadas moídas. Abelás tostadas moídas. Pan tostado e empapado en vinagre. Ñora. Aceite de oliva. Sal.
Hai que moer os ingredientes nun morteiro ata formar unha salsa de consistencia media (nin fina nin grosa).
É excelente para acompañar tanto carnes como peixe e verduras.
Véxase tamén Outros artigos Calçot
Categoría:Salsas Categoría:Gastronomía de Cataluña