Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, máis coñecida como Teresa Herrera, nada na Coruña o 10 de novembro de 1712 e finada na mesma cidade o 22 de outubro de 1791, foi a fundadora do primeiro hospital da súa cidade natal.
Traxectoria Teresa Herrera naceu na rúa Cordonería da Coruña, filla de Domingo Rodríguez de Herrera e de María Antonia Pedrosa de los Santos. Foi bautizada na igrexa de San Xurxo. Os seus avós, Blas Rodríguez e Antonio Pedrosa, ocuparon cargos importantes nas confrarías relixiosas da Coruña.
Quedou orfa de pai aos catro anos, e ao quedar a nai viúva con dez fillos, Teresa marchou da casa «para gañar a vida honradamente coas súas habilidades», segundo consta en documento notarial, co fin de non ser unha carga para a súa nai. A maior parte dos seus irmáns morreron por doenzas. Antes de morrer, a súa nai derogou un testamento anterior e legoulle a Teresa todos os bens que herdara da súa irmá, María Pascuala Pedrosa, facéndolle xurar a Teresa que se faría cargo das súas dúas irmás, especialmente de María Josefa, que nacera fatua ad nativitatem (‘irracional de nacemento’), como se nomeaban por entón as persoas con discapacidade intelectual.Texto escrito por Narciso Correal ao director da Real Academia da Historia, sobre o seu expediente de ingreso na Orde civil de Afonso XII. Dedicada á devoción católica e á caridade, loitou por crear un hospital na Coruña. En 1789 doou unha gran parte dos seus bens para fundar o primeiro hospital da cidade, o Hospital da Caridade, que foi fundado o 27 de setembro de 1794, despois da súa morte.
Os seus restos descansan na igrexa de San Nicolao da Coruña.HOSPITAL MATERNO INFANTIL TERESA HERRERA
Recoñecementos miniatura|dereita|Hospital Teresa Herrera. Na cidade da Coruña levan o seu nome: Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. Rúa Teresa Herrera, entre a praza de Lugo e a praza de Pontevedra. Trofeo Teresa Herrera de fútbol. Bandeira Teresa Herrera de remo.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1712 Categoría:Finados en 1791 Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Enfermeiros de Galicia Categoría:Historia moderna de Galicia