O Partido Socialdemócrata Checo (Česká strana sociálně demokratická ou ČSSD) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata da República Checa. A nivel internacional pertence á Internacional Socialista, mentres que a nivel europeo forma parte do Partido Socialista Europeo, formando parte do grupo de Aliaza Progresista de Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo.
Historia O ČSSD naceu no ano 1878, cando os territorios que actualmente ocupan a República Checa e Eslovaquia formaban parte do Imperio Austrohúngaro. Dende o ano da súa fundación ata 1893 foi denominado Sociálně-demokratická strana českoslovanská v Rakousku (Partido Socialdemocrático Checoslovaco dos Traballadores), actuando como unha parte do Partido Socialdemócrata de Austria. En 1893 pasou a actuar de xeito independente baixo a denominación de Českoslovanská sociálně demokratická stranu dělnická (Partido Socialdemócrata dos Traballadores Checoslovacos).
Trala fragmentación do Imperio Austrohúngaro e a formación de Checoslovaquia en 1918, o partido presentouse ás eleccións xunto co Sociálnodemokratická Strana Slovenska (Partido Socialdemócrata Eslovaco). Entre 1938 e 1941 pasou a formar parte do Národní strana práce (Partido Nacional do Traballo), un partido de unidade de esquerdas cos socialdemócratas e parte do Partido Nacional Social Checo. Entre 1948 e 1989 o partido únese ao Komunistická Strana Československa (Partido Comunista de Checoslovaquia), aínda que algúns membros se mantiveron no exilio en Londres. Entre 1990 e 1993 pasou a denominarse Československá sociální demokracie (Socialdemocracia Checoslovaca), para adoptar a súa denominación actual en 1993 trala disolución de Checoslovaquia.
Tras gañar as eleccións lexislativas de 1998, o ČSSD formou goberno con Miloš Zeman como primeiro ministro, e conservou o poder dende aquela con Stanislav Gross, e logo da súa renuncia o 25 de abril de 2005 con Jiří Paroubek, quen asumiu o cargo. O ČSSD gañou as eleccións de 2002 con 70 deputados de 200 na cámara baixa, mais perdeu as de 2006 a pesar de que conseguiu elevar o seu número de deputados ata os 74 e acadar un 32,3 % dos votos, xa que se viu superado polo ODS, que conseguiría 7 escanos máis.
Nas eleccións lexislativas de 2010 conseguiu ser a forza política máis votada cun 22,08 % dos votos, por diante do ODS, malia perder unha cantidade considerable de apoios e pasar dos 74 escanos a 56 de 200 posibles.
Election results Eleccións á Asemblea Nacional da República Checoslovaca Eleccións Votos Porcentaxe de votos Escanos <center>1920 <center>1.590.520 <center>25,7 <center>74 <center>1925 <center>632.403 <center>8,9 <center>29 <center>1929 <center>963.462 <center>13 <center>39 <center>1935 <center>1.032.773 <center>12,6 <center>38 <center>1946 <center>855.771 <center>12 <center>37
Eleccións ao Parlamento Checo Eleccións Votos Porcentaxe de votos Escanos Posto No goberno <center>1990 <center>296.165 <center>4,1 <center>0 <center>6º <center>Non <center>1992 <center>422.736▲ <center>6,53▲ <center>16▲ <center>3º ▲<center>Non <center>1996 <center>1.602.250▲ <center>26,4▲ <center>61▲ <center>2º ▲<center>Non <center>1998 <center>1.928.660▲ <center>32,31▲ <center>74▲ <center>1º▲ <center>Si <center>2002 <center>1.440.279 ▼ <center>30,2▼ <center>70▼ <center>1º <center>Si <center>2006 <center>1.728.827▲ <center>32,32▲ <center>74▲ <center>2º▲<center>Non <center>2010 <center>1.155.267▼ <center>22,08▼ <center>56▼ <center>1º▲<center>Non
Eleccións ao Senado En 1996 elixiuse todo o senado (81 escanos), nas seguintes eleccións só se escolleu un terzo do Senado. <center>Eleccións Escanos conseguidos<center>1996<center> 25 <center>1998<center> 3 <center>2000<center> 1 <center>2002<center> 7 <center>2004<center> 0 <center>2006<center> 6 <center>2007<center> 1 <center>2008<center> 23 <center>2010<center> 12 <center>2011<center> 1
Eleccións ao Parlamento Europeo Eleccións Votos Porcentaxe de votos Escanos <center>2004 <center>204.903 <center>8,78 <center>2 <center>2009 <center>528.132 <center>22,39 <center>7
Eleccións rexionais <center>Eleccións Votos Porcentaxe de votos Concelleiros<center>2000<center>344.441<center>14,67<center>112<center>2004<center>297.083<center>14,03<center>105<center>2008<center>1.044.719<center>35,86<center>280
Eleccións municipais <center>Eleccións Porcentaxe de votos Concelleiros<center>1994<center>8,7<center><center>1998<center>17,54<center><center>2002<center>15,57<center>4.664<center>2006<center>16,61<center>4.331<center>2010<center>19,68<center>4.584
Líderes do Partido Socialdemócrata Checo Partido Socialdemocrático Checoslovaco dos Traballadores Antonín Němec (1904–1915) Bohumír Šmeral (1916–1917)
Partido Socialdemócrata dos Traballadores Checoslovacos Antonín Němec (1917–1925) Antonín Hampl (1925–1938)
Socialdemocracia Checoslovaca Zdeněk Fierlinger (1945–1947) Bohumil Laušman (1947–1948)
Socialdemocracia Checoslovaca no exilio Blažej Vilím (1948) Václav Majer (1948–1972) Vilém Bernard (1972–1989) Karel Hrubý
Partido Socialdemócrata Checo Jiří Horák (1989–1993)
Czech Social Democratic Party Miloš Zeman (28 de febreiro de 1993 – abril de 2001) Vladimír Špidla (abril de 2001 – 26 de xuño de 2004) Stanislav Gross (26 de xuño de 2004 – 26 de abril de 2005) Bohuslav Sobotka (temporal) (2005–2006) Jiří Paroubek (2006–2010) Bohuslav Sobotka (2011–presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Partidos políticos da República Checa