Ellas Otha Bates, nado en McComb (Mississippi) o 30 de decembro de 1928 e finado en Archer (Florida) o 2 de xuño de 2008, coñecido como Bo Diddley, foi un vocalista, guitarrista e compositor (normalmente co nome Ellas McDaniel) de rhythm and blues estadounidense, ademais de ser un dos pioneiros do rock and roll. Tamén foi coñecido como The Originator polo seu papel clave na transición do blues ao rock, influenciando a un feixe de artistas, como Buddy Holly, Jimi Hendrix, The Rolling Stones, The Velvet Underground, The Who, The Yardbirds, Eric Clapton, Elvis Presley, The Beatles ou George Michael entre outros.
Bo introduciu ritmos condutores máis insistentes, e un son de guitarra eléctrica máis afiado e duro nun amplo catálogo de temas, xunto con ritmos africanos e un compás que segue sendo un dos piares do rock e do pop. En consecuencia, foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame e recibiu o premio Lifetime Achievement Awards concedido pola Rhythm and Blues Foundation e un Grammy pola National Academy of Recording Arts and Sciences. Foi coñecido particularmente polas súas innovacións técnicas, incluída a súa característica guitarra rectangular.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Florida Categoría:Nados no condado de Pike, Mississippi Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2008