Jan Švankmajer, nado en Praga o 4 de setembro de 1934, é un cineasta e artista gráfico checo, cuxa obra se estende por diversos medios. Autodefínese como surrealista, coñecido polas súas animacións e características surrealistas que influíron, entre outros, a Terry Gilliam, ou aos Irmáns Quay.
Nos seus filmes, Svankmajer traballa con bonecos, empregando a técnica de stop motion. Tamén ten empregado actores reais, máquinas, figuras de arxila, bonecas antigas, esqueletos de animais e outras moitas cousas. Consegue crear un clima de pesadelo, o que non impide que os seus filmes sexan, alo menos en certo modo, divertidos. Tense inspirado nas obras de autores como Edgar Allan Poe, Lewis Carroll e a lenda xermánica do Doutor Fausto (que serviu de inspiración a moitos outros autores).
Estivo casado con Eva Švankmajerová, pintora surrealista, ceramista e escritora de sona mundial, que faleceu en outubro de 2005. Eva colaborou en varias das películas de Švankmajer como Fausto, Otesánek e Alis.
Filmes Lomgametraxe Ano Título en galego Título orixinal 1988 Alis Něco z Alenky 1994 Fausto Lekce Faust 1996 Conspiradores do Placer Spiklenci slasti 2000 Pequeno Otik Otesánek 2005 Loucura Šílení 2006 O osario e outros contos colección Kimstim The Ossuary & Other Tales Kimstim collection 2010 Sobrevivir á vida Přežít svůj život 2015 Insectos Hmyz
Curtametraxes Ano Título en galego Título orixinal 1964 O último truco Poslední trik pana Schwarcewalldea a pana Edgara 1965 Johann Sebastian Bach: Fantasía en G menor Johann Sebastian Bach: Fantasia G-moll 1965 Un xogo con pedras Spiel mit Steinen 1966 Punch and Judy Rakvičkárna 1966 Et Cetera Et Cetera 1967 Historia Naturae (Suita) Historia Naturae (Suita) 1968 O xardín Zahrada 1968 O piso Byt 1968 Picnic con Weissmann Picknick mit Weissmann 1969 Unha semana tranquila na casa Tichý týden v domě 1970 Don Xoán Don Šajn 1970 Kostnice 1971 Jabberwocky Žvahlav aneb šatičky slaměného Huberta 1972 Diario de Leonardo Leonardův deník 1973-79 Castelo de Otranto Otrantský zámek 1980 A caída da casa de Usher Zánik domu Usherů 1982 Dimensións do Diálogo Možnosti dialogu 1983 Ao soto Do pivnice 1983 O péndulo, o pozo e a esperanza Kyvadlo, jáma a naděje 1988 Xogos Virís Mužné hry 1988 Outro tipo de amor Another Kind of Love 1988 Amor de carne Zamilované maso 1989 Escuridade/Luz/Escuridade Tma, světlo, tma 1989 Flora Flora 1989 Autorretratos animados Animated Self-Portraits 1990 A morte do Stalinismo en Bohemia Konec stalinismu v Čechách 1992 Comida Jídlo
Animación e gadgets Ano Título en galego Título orixinal Director 1978 Cea para Adela Adéla ještě nevečeřela Oldřich Lipský 1981 O Misterioso Castelo nos Cárpatos Tajemství hradu v Karpatech Oldřich Lipský 1982 Vampiro Ferat Upír z Feratu Juraj Herz 1984 Tres Veteráns Tři veteráni Oldřich Lipský
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Repaso da súa obra Recensións en Animation Room Jan Švankmajer - PL
Categoría:Directores de cinema da República Checa Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1934