O termo crista (derivado do latín crista, -ae, 'moño', 'penacho') utilízase con varios significados:

Anatomía animal

A crista, parte carnosa situada lonxitudinalmente na cabeza de certas aves. A crista de plumas ou penacho, formación de plumas que tamén exhiben algunhas aves. As cristas duras, formacións de natureza ósea ou córnea que presentan algúns réptiles na cabeza e nas costas. Algúns anfibios presentan cristas carnosas na cabeza e nas costas.

Anatomía humana Unha crista é unha protuberancia ósea que, como no caso da crista pectinia da cara posterior do fémur onde asenta o músculo pectíneo, serve de punto de inserción a un músculo. Así mesmo, nalgunhas obras de anatomía, fisioloxía e medicina, descríbense como cristas algunhas protuberancias de partes do corpo, cando as percorren de forma lonxitudinal e prominente (por exemplo, a crista que forman os vultos visíbeis das vértebras, a crista ilíaca da pelve, ou a crista do esterno (chamada carina ou quilla nas aves.)

Embrioloxía A crista neural é unha poboación de células migratorias e pluripotentes que se xera durante o desenvolvemento dos vertebrados.

Outras disciplinas En xeoloxía, xeografía e orografía chámanse cristas a formacións montañosas como cordilleiras e serras de cumios máis ou menos agudos, a algunhas formacións rochosas ou, simplemente, a un cumio de agudas penas dunha montaña.

Outros usos A crista é a protuberancia que teñen algúns cascos militares. A crista dunha onda ou vaga refírese á súa cima, xeralmente coroada de escuma. Crista é o nome común do corte de cabelo mohicano ou mohawk, utilizado principalmente na subcultura punk.

Véxase tamén