History of the World, Part I é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por Mel Brooks. Brooks tamén é o protagonista, interpretando 5 papeis diferentes. Foi estreado en 1981. A pesar do que se poida pensar do seu título, non ten unha segunda parte, xa que o nome ven de The Historie of the World, Volume 1 de Sir Walter Raleigh.

Sinopse Visión irreverente da evolución da historia, dende a aparición do primeiro home ata a Revolución Francesa. A Última Cea é captada a través dos ollos dun atormentado camareiro, o Imperio Romano é atoladamente corrompido e divúlganse os secretos da Revolución Francesa.

Personaxes Orson Welles como Narrador Mel Brooks como Moisés, Comicus, Tomás de Torquemada, Lois XVI de Francia e Jacques le Garçon de Pisse Dom DeLuise como o César Madeline Kahn como Empress Nympho Harvey Korman como Conde de Monet Cloris Leachman como Madame Defarge Ron Carey como Swiftus Lazarus Gregory Hines como Josephus Pamela Stephenson como Mademoiselle Rimbaud Spike Milligan como Monsieur Rimbaud Andreas Voutsinas como Béarnaise Shecky Greene como Marcus Vindictus Sid Caesar como Gunga Bea Arthur como Desempregado Johnny Silver como Mentireiro Mary-Margaret Humes como Miriam Paul Mazursky como Oficial romano Hugh Hefner como Romano fóra do templo de Eros Barry Levinson como Column Salesman Charlie Callas como Soothsayer John Hurt como Xesucristo Andrew Sachs como Gerard Diane Day como Caladonia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Brooksfilms Categoría:Filmes ambientados no Imperio Romano Categoría:Filmes ambientados no século I Categoría:Filmes ambientados no século XV Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes ambientados en Francia