Américo Miguel Tesorieri, alcumado futbolisticamente como "La Gloria", nado en Boca, Buenos Aires, o 18 de marzo de 1899 e finado o 30 de decembro de 1977 foi un gardameta que xogou principalmente en Boca Juniors e que está considerado como un dos mellores da historia do fútbol arxentino.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Club Aurora do barrio de Boca, da capital arxentina. Pronto pasou a Boca Juniors onde comezou xogando nas divisións inferiores no ano 1916, dous anos despois debuta no primeiro equipo onde xogaría ata a súa retirada no ano 1927 salvo un ano que xogou no Deportivo del Norte.

Participou na xira europea de Boca Juniors de 1925.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina xogando un total de 37 encontros coa albiceleste.

Gañouse o alcume de "La Gloria" ao manter a cero a portería nos campionatos Suramericanos de 1921 e 1924.

Retirouse sendo aínda moi xove, segundo recoñeceu el mesmo por cuestións internas do club, ao tomar partido das eleccións e non saír ben parada a opción que defendía o porteiro. Unha vez fora dos campos de xogo traballou un tempo na administración do club xeneize.

Falece o 30 de decembro de 1977

Ten, xunto co xogador paraguaio o récord de máis enfrontamentos entre dous xogadores na Copa América.

Participación na Copa América AnoSedeResultado1920 ChileSubcampión1921 ArxentinaCampión1922 Brasil4º posto1923 UruguaiSubcampión1924 UruguaiSubcampión1925 ArxentinaCampión

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1919Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1920Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1923Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1924Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1926

Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa AméricaSelección de fútbol da Arxentina Arxentina1921Copa AméricaSelección de fútbol da Arxentina Arxentina1925

Distincións individuais DistinciónAnoGardameta invicto na Copa América1921Gardameta invicto na Copa América1924

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do futbolísta na páxina da AFA

Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América Categoría:Nados en Buenos Aires