A Serra de Atapuerca é un pequeno conxunto montañoso da provincia de Burgos, en Castela e León, situado entre a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico, e que recibe o seu nome da pequena localidade e concello de Atapuerca. Cunha anchura de 5.000 metros e unha lonxitude de 1.300 metros, o seu punto de maior altitude está a 1.085 metros sobre o nivel do mar.

A Serra de Atapuerca foi declarada Espazo de Interese Natural, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade por mor dos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos que acolle no seu interior, nos que se atoparon os restos fósiles de catro especies de homínidos e dunha nova especie de oso das cavernas, así como múltiples ferramentas de pedra das culturas olduvaiense, acheulense e musteriano, correspondentes cos períodos do paleolítico inferior e paleolítico medio.

En 2004 descubríronse diversos instrumentos líticos datados no Plistoceno Superior, que constituíron a primeira proba da presenza dos Neandertais en España Calendario 2014 MUNCYT.. Nunha serie de escavacións aínda en curso, descubríronse ricos depósitos fósiles e ferramentas de pedra que se atribúen aos primeiros residentes hominina coñecidos en Europa Occidental. Esta reserva excepcional de datos depositáronse durante a extensa presenza no paleolítico inferior, xa que as montañas Atapuerca serviron como a residencia preferida do Homo erectus, Homo antecessor (ou Homo erectus antecessor), Homo heidelbergensis e Homo neanderthalensishttps://www.nature.com/news/oldest-ancient-human-dna-details-dawn-of-neanderthals-1.19557. O exemplar máis antigo desenterrado e datado ata o momento con confianza confirma unha idade entre 1´2 millóns e 630.000 anos. Algúns achados expóñense no próximo Museo da Evolución Humana, en Burgos. O sitio foi designado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, baixo o nome de "Sitio Arqueolóxico de Atapuerca".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Homo antecessor Homo heidelbergensis Homo sapiens Ligazóns externas Páxina web da Fundación Atapuerca Sitio Arqueolóxico de Atapuerca na UNESCO

Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León Categoría:Patrimonio da Humanidade en Castela e León Categoría:Sitios arqueolóxicos de Castela e León