Iain Colquhoun, nado en Gloucestershire, Inglaterra o 25 de setembro de 1948, é un fotógrafo inglés residente en Galicia.

Traxectoria Tras pasar a súa xuventude en Londres, estudou artes gráficas e comezou a súa vida laboral traballando como corrector de probas nunha editorial en Oxford, antes de volver a Londres para traballar nunha editorial como deseñador de libros e despois nunha axencia de publicidade. Despois de varios anos de traballo, decidiu irse a vivir no campo, onde se embarcou no oficio de carpinteiro.

En 1982 visitou Galicia por primeira vez, casou en 1983 cunha galega e mudouse a vivir definitivamente en Galicia en 1991.

É afeccionado á fotografía dende moi novo.

Libros publicados Fotografía Galicia Rural, 2011, Morgante. O pouso do tempo, 2011, Morgante.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Edicións Morgante

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Fotógrafos de Inglaterra Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes