Ramón Blanco Fernández, nado en Cando (Outes) en 1979, é un poeta galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega, reside en Bocadroña (Outes). Formou parte desde moi novo do Colectivo Sacou de Noia. Publicou poemas nas revistas A Caramuxa e A Casa da Gramática. Traballou no sector da edición, no ensino secundario e como xornalista cultural. En 2016 gañou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra Se pedra na brétema.

Obras Poesía Orfeu en soños, 2005, Toxosoutos. Emily on the road, 2012, Acha Escrava. Se pedra na brétema, 2017 Ensaio Vida e obra de Francisco Añón, 2012, Galaxia.

Edición Poesías de Nicolasa Añón, 2014, Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes.

Tradución Os celtas da antiga Gallaecia, de Manuel Alberro, 2004, Toxosoutos. A viaxe de San Brandán: Nauigatio Sancti Brendani, de Fernando Lillo Redonet e José Antonio González Marrero, 2004, Toxosoutos.

Obras colectivas Francisco Añón: aproximación didáctica, con Santiago Nieto e Pilar Sampedro, 2005, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Premios

Certame de poesía Francisco Añón 1997.

Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2016 Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor Perfil en As escollas electivas Ficha do autor en Acha Escrava. Ficha do autor en Galaxia.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Poetas en lingua galega