miniatura|300x300px|Representación medieval da Península ibérica. Divídese esta en dous espazos políticos: a Spania musulmán, na que se debuxa a Catedral mozárabe de Toledo; e a Gallecia cristián, onde se destaca a Catedral de Santiago, o faro da Coruña e, nunha esquina, o territorio asturiano. Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Porén, estes soberanos aparecen sempre sinalados na documentación histórica como reis de Galicia. De feito, os documentos non mencionan xamais a existencia dun reino asturiano, senón que neles aparecen continuadas mencións ao reino de Galicia. Esta errónea substitución dos nomes dos reinos, perpetrada polos historiadores hispanos, xustificouse coas sinaturas dos diplomas emitidos pola corte rexia, ao faceren ver que formulas como "regnante in Asturias" implican a existencia dun reino do mesmo nome.

Esta é polo tanto a listaxe dos soberanos do reino de Galicia con sede rexia en Asturias.

Nómina dos reis de Galicia con sede rexia en Asturias. Primeiros caudillos (711-767). As crónicas asturianas foron creadas no tempo do rei Afonso III para lexitimar a súa autoridade diante do resto dos nobres do territorio galego. Os textos remontan a xenealoxía do rei até facela entroncar cos derradeiros reis visigodos. Esta lista de monarcas, de dubidosa credibilidade histórica, pasou ás crónicas musulmáns e é empregada hoxe como correcta, mais sen que a historiografía moderna acepte que os primeiros nobres tivesen unha autoridade real máis aló dos seus propios dominios patrimoniais. ImaxeNomePeríodo150x150pxPaio711-737Personaxe mítico, de dubidosa existencia. As crónicas musulmáns din que "se levantou nas terras de Galicia un asno salvaxe chamado Belay [Paio]", e que era "natural de Asturias, en Galicia".150x150pxFávila737-739Suposto fillo de Paio. Morto loitando cun oso150x150pxAfonso I739-757Figura histórica de escasa credibilidade, aparece nos textos árabes como rei de Galicia.150x150pxFroila I757-768Sucedeu como rei de Galicia ao seu pai Afonso I.

Reis usurpadores (768-791). As crónicas narran o asasinato de Froila I nunha revolta nobiliaria e a elección como rei do nobre Aurelio. Afonso II, fillo de Froila e soberano lexítimo, foi afastado do trono. ImaxeNomePeríodo150x150pxAurelio768-774O "usurpador" Aurelio é tamén rei de Galicia nas crónicas musulmáns.150x150pxSilo774-783Accedeu ao trono ao casar cunha filla de Afonso I. Aparece como rei de Galicia en textos árabes e cristiáns.150x150pxMauregato783-788Acadou o trono á morte de Silo en disputa co mozo Afonso II. É rei de Galicia para a historiografía musulmán.150x150pxBermudo I788-791Irmán de Aurelio foi escollido polos nobres para suceder a Mauregato. Foi rei de Galicia até a súa abdicación no ano 791 en favor de Afonso II.

Reinado de Afonso II (791-842) Na época de Afonso II o volume da documentación histórica aumenta considerabelmente. Baixo a influencia do imperio carolinxio, percíbese a configuración inicial dunha verdadeira monarquía. ImaxeNomePeríodo150x150pxAfonso II791-842Criado en Samos, Afonso II exercerá o seu poder desde a corte ovetense. As fontes históricas recollen amplamente o súa titulación como rei de Galicia., unha titulación que chega a outorgarse a si mesmo nun diploma do ano 832. Após a súa morte sen descendencia ocupou brevemente o trono o nobre Nepociano (842-843)

Dinastía dos Ramírez (842-910)

Ramiro I, fillo de Bermudo I, acadou a coroa despois de librar unha nova guerra de sucesoria. ImaxeNomePeríodo150x150pxRamiro I843-850Coroado primeiramente en Lugo, arrebatou o trono a Nepociano. É sinalado como rei galego en textos cristiáns e musulmáns.150x150pxOrdoño I850-866Foi rei de Galicia á morte do seu pai Ramiro I.150x150pxAfonso III866-910Afonso "o magno", foi o derradeiro rei de Galicia residente en Asturias. Os seus sucesores trasladaron a corte á cidade galega de León, o que para a historiografía española supón, de xeito incoherente, o nacemento dun reino diferente, o reino de León.

Esta listaxe prosegue coa Lista de reis de León.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Publicado tamén en galego:

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica Ligazóns externas

O reino de Galicia nos mapas medievais. YouTube Falsificaciones históricas: El reino de Asturias . Galiza Histórica

Categoría:Reis de Asturias Asturias