Tadao Ando (en xaponés 安藤忠雄 Andō Tadao), nado en Osaca o 13 de setembro de 1941, é un arquitecto xaponés cuxo estilo arquitectónico se clasifica ás veces coma Critical Regionalism (Rexionalismo Crítico).

Traxectoria Traballou coma camioneiro e boxeador antes de ser arquitecto e sen contar coa formación académica da profesión, é un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país. Foi galardoado co Premio Pritzker no ano 1995.

Traballa primeiramente con formigón para encofrados "in situ", sendo recoñecido o seu traballo por unha exemplar artesanía que invoca o sentido xaponés de materialidade, unión e narrativa espacial a través da simple estética do modernirmo internacional. Os seus edificios caracterízanse por complexos camiños tridimensionais. Estes camiños líganse entre espazos exteriores e interiores, formados ambos a grande escala xeométrica e nos espazos entre eles.

No ano 1969 estableceu a firma Tadao Ando Architects & Associates.

A súa "Row House" (Casa en fila), unha pequeda casa de dous plantas, feita con formigón in situ e rematada no ano 1976, é un dos seus primeiros traballos que amosa elementos do seu característico estilo. Consiste en tres volumes rectangulares iguais: dous volumes interiores separados por un patio aberto. Pola natureza da posición do patio entre os dous volumes interiores, este convértese nunha parte integral do sistema de circulación da casa.

No 1995, Ando gañou o prestixioso Premio Priztker da Arquitectura. Doou os 100.000 dólares aos nenos orfos do terremoto de Kobe dese mesmo ano.miniatura|Museo de Arte Moderna, Fort Worth.|centro

Principais proxectos "Row House" (Azuma House), Sumiyoshi-ku, Osaca, 1976 Rokko Housing One, Rokkō, Kōbe, 1983 Festival, Naha, 1984 Igrexa sobre a auga, Shimukappu, 1988 GALERÍA akka, Osaca, 1988 Museo da Infancia, Himeji, 1989 Igrexa da Luz de Osaca, Ibaraki, 1989 "Collezione", Tokyo, 1989 Templo da auga, Illa de Awaji, 1991 Museo de Arte Comtemporáneo de Naoshima, Naoshima, 1992 Pavillón Xaponés da Expo 92, Sevilla, 1992 "Rokko Housing Two", Rokkō, Kōbe, 1993 Residencia privada, Chicago, 1997 Fundación das Artes Pulitzer, Missouri, 2001 Museo de Arte Moderna de Fort Worth, Fort Worth, 2002 Museo de Arte Chichu, Naoshima, 2004

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Web de Tadao Ando Páxina non oficial de Tadao Ando Folla Web de Tadao Ando en greatbuildingsonline.com

Categoría:Premio Pritzker Categoría:Arquitectos do Xapón do século XX Categoría:Arquitectos do Xapón do século XXI Categoría:Nados en Osaca Categoría:Nados en 1941