Test Icicles foi unha banda inglesa de dance-punk formada en Londres no ano 2004. Estaba influenciada principalmente polo indie rock, pero contiña elementos musicais de varios xéneros, destacando o hip hop, o crossover thrash e o punk rock. Fundárona Rory Attwell e Sam Mehran, aos que posteriormente se lles uniu Devonte Hynes. Hynes e Mehran tiñan 18 anos no momento da creación do grupo. Test Icicles separaríase no ano 2006 tras o lanzamento dun único álbum de estudio, For Screening Purposes Only.

Discografía For Screening Purposes Only - 2005 (Domino Records)

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2004 Categoría:Grupos musicais separados en 2006