Disque Cool é unha revista dixital en lingua galega que comezou a publicarse en abril de 2011, se ben foi oficialmente lanzada en maio do mesmo ano. É unha das páxinas de referencia da escena alternativa e indie de Galicia, e dedica os seus artigos ás novas tendencias en cine, música, tecnoloxía, moda ou decoración. O seu nome resulta da combinación dos termos "disque" (seica, din que) e "cool" (o que é tendencia).

Traxectoria Logo da súa fundación en 2011, no seu primeiro ano tivo unhas 200 000 visitas de máis de 40 000 usuarios, cunha media de 2 000 visitas diarias.

No 2018 estaba clasificada no posto 22 entre os medios en galego máis visitados na rede.

Notas

Categoría:Revistas galegas Categoría:Sitios web en galego