228px|thumb|right|Casa de nacemento de Händel. Hoxe día Museo de Händel.

228px|thumb|right|Museo da Prehistória do Land Saxonia-Anhalt (Landesmuseum für Vorgeschichte) co Disco de Nebra.

Halle é a cidade máis grande do Bundesland (estado federal) de Saxonia-Anhalt e a quinta máis grande de Alemaña oriental. Halle atópase no sur do estado federal nas ourelas do río Saale. A cidade é o centro cultural do estado federal e o centro económico de Saxonia-Anhalt do sur.

Historia O nome de Halle deriva do alemán antigo e quere dicir "sal". As fontes de auga salgada de Halle son produto dunha situación xeolóxica especial, a chamada falla da praza do mercado de Halle foi empregada en tempos remotos, como o demostran as novas escavacións arqueolóxicas feitas na área da praza do mercado, que corroboran a importancia do sal para a cidade. O sal era a principal actividade comercial da cidade, como en moitas cidades na Idade Media. Actualmente o sal non representa un comercio importante, mais como proba da súa importancia no pasado, fundouse un museo no chamado Saline xunto o río Saale.

August Hermann Francke tivo unha grande influencia e fundou un orfanato no que albergou a máis de 1000 nenos. É coñecido como o fundador do pietismo. Hoxe a área do orfanato é unha cidade escolar onde se atopan diferentes tipos de escolas, institutos e bibliotecas da Universidade, unha biblioteca histórica, unha gardaría de nenos, un museo, unha librería e a Fundación da Cultura da República Federal de Alemaña.

En Halle viviu durante pouco tempo Martiño Lutero; na rúa "Rannische Straße" colocouse unha placa conmemorativa na fachada da casa. A cidade é tamén coñecida por ser a cidade de orixe do baixista da banda Tokio Hotel, Georg Listing.

Na Halle sufriu moitos danos na súa periferia, debido a que no sur da cidade se atopaban as fábricas químicas (Leuna). O centro da cidade case non foi bombardeado e hoxe en día presume de ter o conxunto de edificios catalogados de Alemaña.

Entre 1949 e 1990, Halle formou parte da República Democrática Alemá (RDA).

Economía Esta cidade tiña no ano 2012 unha taxa de desemprego do 10,3%. A metalurxia é un sector clave na localidade, como tamén o é a Universidade (Universidade Martiño Lutero de Halle-Wittenberg), que en 2011 tiña 20.872 estudantes.

Cultura O famoso compositor de música clásica Georg Friedrich Händel naceu e viviu ata os 18 anos en Halle. Actualmente pódese visitar a súa casa, convertida en museo.

Relixión A maior parte da poboación de Halle non profesa relixión ningunha. A igrexa evanxélica e a católica teñen presenza formal e histórica. O colexio cristián máis famoso é o Elisabeth-Gymnasium.

Os franciscanos en Halle levan a cabo a tarefa da logoterapia, unha nova terapia desenvolta a finais da segunda guerra mundial, principalmente por superviventes dos campos de concentración.

Cidades irmandadas Cidades irmandadas border|20px|Oulu Oulu 1972 border|20px|Linz Linz 1975 border|20px|Coimbra Coímbra 1976 border|20px|Grenoble Grenoble 1976 border|20px|Karlsruhe Karlsruhe 1987 border|20px|Hildesheim Hildesheim 1990 border|20px|Ufa Ufa 1997  Jiaxing 2009 Savannah 2011

Lugares de interese Igrexias dos século XIV e século XVI. Igrexa na Praza do mercado Marktkirche, a catedral, a igrexa de San Mauricio Moritzkirche Museos e casa natal de Haendel Castelo de Moritzburg A fábrica de chocolate máis antiga de Alemaña: Halloren. A especialidade da chocolatería Halloren é o chamado "Halloren Kugel", que é un chocolate recheo de mousse de diferentes sabores. Museo da fábrica de sal Saline. Praza do Mercado (Marktplatz).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Halle (Westfalia)

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Cidades de Saxonia-Anhalt