Os carcarrínidos (Carcharhinidae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), que inclúe algúns dos tiburóns máis comúns e coñecidos, como os cazóns e a quenlla.
Teñen os ollos redondos e as aletas pectorais están situadas completamente por detrás das cinco fendeduras branquiais. A maioría das especies son vivíparas e as súas crías nacen totalmente desenvolvidas.
Algúns destes tiburóns alcanzan un tamaño moi considerábel. O récord teno o tiburón tigre (Galeocerdo cuvier), que chega a medir case 7 m.Dingerkus, Guido (1986): "Tiburones". Natura. Enciclopedia de los animales. Vol. VI. Barcelona: Ediciones Orbis. ISBN 84-402-0151-6, p. 134.
Xéneros Carcharhinus Blainville, 1816 Galeocerdo Müller & Henle, 1837 Glyphis Agassiz, 1843 Isogomphodon Gill, 1862 Lamiopsis Gill, 1862 Loxodon Müller & Henle, 1839 Nasolamia Compagno & Garrick, 1983 Negaprion Whitley, 1940 Prionace Cantor, 1849 Rhizoprionodon Whitley, 1929 Scoliodon Müller & Henle, 1837 Triaenodon Müller & Henle, 1837
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Muus, B. J. e P. Dahlström (1971): Guía de los peces de mar del Atlántico y el Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos Carcarriniformes Condrictios Tiburóns
Ligazóns externas Elasmo-research Consultada o 12/11/2012. Shark attack file Consultada o 12/11/2012. Carcharhinidae, in ITIS Standard Report Page. Consultada o 12/11/2012. Nicolas Bailly (2009): Carcharhinidae, in World Register of Marine Species. Consultada o 12/11/2012.