Calixto González-Posada Rodríguez, nado en Xixón o 19 de novembro de 1897 e finado en Pontevedra o 8 de xaneiro de 1984, foi un político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Colexio dos Xesuítas de Xixón. Era axudante de Obras Públicas. En 1925 chegou destinado a Galicia, primeiro en Vilagarcía de Arousa. Despois foi secretario de Obras do Porto e Ría de Pontevedra. Foi alcalde de Pontevedra do 26 de decembro de 1944 ao 5 de febreiro de 1949. Foi procurador en Cortes como alcalde de capital de provincia (1945-1946). Despois de 1949 non tivo actividade política.

Véxase tamén Bibliografía )

Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes