Johann Christoph Bach, nado o 16 de xuño de 1671 en Erfurt (Turinxia, daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente en Alemaña) e finado o 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf, foi un músico e compositor alemán.

Traxectoria Fillo máis vello de Johann Ambrosius Bach (de quen recibiu as súas primeiras leccións de música), foi o irmán máis vello do famoso músico e compositor alemán Johann Sebastian Bach. Estodou na Escola de Latín de Eisenach entre 1681 e 1685, marchando posteriormente a Erfurt para estudar con Johann Pachelbel e posteriormente axudou ao seu tío avó Heinrich Bach en Arnstadt entre 1689 e 1690, xa que Heinrich quedara cego. A súa biblioteca para teclado inclúe obras de Pachelbel, Johann Jakob Froberger e Johann Kaspar Kerll. En 1690 converteuse en organista da Michaeliskirche de Ohrdruf, cargo que ostentou o resto da súa vida e o 23 de outubro de 1694 casou con Johanna Dorothea von der Höfe, coa que tivo oito fillos.Malcolm Boyd: Bach, pp. 7–8, ISBN 0-19-514222-5 Á morte de seu pai en 1695, levou a Ohrdruf ao seu irmán Johann Sebastian, encargándose da súa manutención e educación, sendo prováblemente un dos seus profesores de música. Durante os seus últimos anos de vida alternou o seu traballo de organista co de mestre de escola. Morreu en 1721 en Ohrdruf.

Familia Entre os seus fillos salientan os seguintes: Johann Andreas Bach. Johann Bernhard Bach. Johann Christoph Bach. Johann Heinrich Bach.

Relación con J.S. Bach Segundo o obituario de J.S. Bach escrito por Mizler, foi baixo a guía de Christoph como J.S. Bach "sentou as bases da súa técnica de teclado". Christoph é así e todo máis comunmente recordado por denegar ao seu irmán máis novo o acceso a un libro coas súas pezas de teclado:

Notas

Véxase tamén Bibliografía Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323 Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8 Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957

Outros artigos Familia Bach Johann Sebastian Bach

Categoría:Nados en 1671 Categoría:Finados en 1721 Categoría:Compositores de Alemaña Johann Christoph 1671–1721