Joaquín Queizán Taboada, nado en Agolada o 6 de xullo de 1928 e finado en Pontevedra o 24 de novembro de 2012, foi un político galego.

Traxectoria Estudou Dereito na UNED. Foi oficial instrutor de xuventudes e Delegado provincial de Juventudes de Pontevedra (1959-1970). Na década de 1960 foi designado concelleiro en Pontevedra durante as alcaldías de Xosé Filgueira Valverde, Ricardo García Borregón e Augusto García Sánchez. Precisamente substituíu este último como alcalde de Pontevedra, para o que foi nomeado polo ministro da gobernación a finais de xaneiro de 1974, cesando en 1979. Foi elixido procurador en Cortes en 1975.

Foi candidato á alcaldía de Pontevedra como independente nas primeiras eleccións democráticas, e a súa formación obtivo catro concelleiros, insuficientes para gobernar.

Posteriormente foi delegado provincial en Pontevedra da Xunta de Galicia das áreas de Turismo, Xuventude e Deportes, despois de Cultura, Deportes e Benestar Social, e de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública entre 2001 e 2005. Finou en en Pontevedra o 24 de novembro de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes