Castro de Pereiruga é un castro de cumio situado na parroquia de Pedroso (Narón).
Descrición miniatura|175px|esquerda|Camiño NS dentro do castro. O castro é unha construción de forma ovalada, segundo a forma do monte. Mide de norte a sur case 90 metros e de leste para oeste 60 metros. O castro ten tres liñas defensivas concéntricas separadas entre 10 metros (a máis preto) e 20 metros. Un camiño peonil atravesa todo o xacemento de norte a sur. Actualmente é unha plantación de eucaliptos.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro Ligazóns externas Castro de Pereiruga .
Pereiruga