Luis Rocafort Martínez, nado en Pontevedra en 1912 e finado en Sanxenxo o 25 de febreiro de 1967, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid (1932). Especializouse en Ciencias Económicas e Políticas en París, Exeter e Glasgow. Foi delegado provincial de Auxilio Social. Foi presidente da Deputación de Pontevedra do 13 de setembro de 1951 ata 1958. Foi procurador en Cortes como representante de Deputacións Provinciais (1952-1958). Finou en Sanxenxo o 25 de febreiro de 1967.
Vida persoal Casou con Isabel Quinteiro e foi pai de Luis Rocafort Quinteiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes