Catalina é un filme galego dirixido por Mario Iglesias que se estreou no 2006. Tivo un custo de 1 100 000 euros.

Sinopse Catalina procura o seu lugar no mundo da pintura. Esfórzase por dar a coñecer a súa obra, pero as negativas sucédense en canto a súa amiga Mercedes, pintora tamén, despunta no mundo da arte tras pactar coas tendencias imperantes e introducirse en certos círculos. Catalina non ten máis axuda que a boa contade de Benito, amigo do seu avó, e que acabará por converterse nun lastre para a artista. Deprimida e soa, só encontra consolo no seu avó. Na súa vida aparecerá entón Camilo, que a afastará do seu mundo para descubrirlle a maxia das paisaxes galegas e levar a súa obra cara a un estilo arrebatado, até entón descoñecido para ela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego. Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego