Park Jae-Sang (박재상 en coreano), coñecido artisticamente como PSY (싸이), nado en Seúl o 31 de decembro de 1977, é un artista surcoreano coñecido polos seus videoclips humorísticos e actuacións, entre as que destaca un dúo coa cantante de K-Pop Lee Hyori.
Traxectoria Ao longo da súa carreira profesional, apareceu en varios programas televisivos como Good Sunday: X-Man e The Golden Fishery. Durante a súa estancia nos Estados Unidos, estudou música na Universidade de Boston e na Escola de Música Berklee. Actualmente ten asinado un contrato coa discográfica YG Entertainment.
En 2012 deuse a coñecer a nivel internacional pola coreografía do single de música dance/electrónica Gangnam Style ata converterse nun fenómeno de Internet tras ter máis de 1.000 millóns de reproducións e máis de 5 millóns de gústame, desde o 15 xullo en YouTube.
Discografía Álbums de estudio PSY from the PSYcho World! (2001) Sa 2/Adult only (2002) 3 PSY (2002) Sa Jib (Sa House) (2006) PSY Five (2010) PSY's Best 6th Part 1 (2012)
Sinxelos «Bird» «Singosik» «Bird 2» (con Kim Hyun-Juk) «Champion» «Paradise» (con Lee Jae-Hoon) «Artists» «2 Beautiful Goodbyes» Lee Jae-Hoon) «We Are the One» «Calling You Because It's Raining» «RIGHT NOW» «In My Eyes» (con Lee Jae-Hoon) «THANK YOU» (con Seo In-Young «It's Art» «Gangnam Style» (con HyunA) «Gangnam Style»
Premios MTV Europe Music Awards
Ano Traballo candidato Categoría Resultado 2012 "Gangnam Style" Mellor vídeo Gañador
Notas
Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Nados en Seúl Categoría:Nados en 1977 Categoría:Artistas de Republic Records