Benjamín Álvarez Fernández, nado na Fonsagrada o 5 de decembro de 1905 e finado en Lugo o 26 de febreiro de 1979, foi un mestre, procurador e político galego.
Traxectoria Mestre, exerceu como procurador dos tribunais e secretario xudicial municipal. En 1932 foi un dos organizadores do Comité de Dereitas da Fonsagrada. Ingresou en Falange en abril de 1936, organizou a Falange local da Fonsagrada manténdose no mando ata outubro de 1938, cando foi destinado á xefatura local de Sarria. Participou na guerra civil española combatendo no bando nacional. Foi primeiro tenente de alcalde do concello da Fonsagrada dende decembro de 1936 e Delegado Comarcal de Prensa e Propaganda dende xullo de 1937. Foi nomeado Secretario Provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS por Ramón Ferreiro Rodríguez. En xuño de 1942 renunciou ao cargo de concelleiro, pero o 28 de outubro o gobernador civil Ramón Ferreiro nomeouno terceiro tenente de alcalde da Fonsagrada, o que lle permitiu ser elixido procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Lugo o 1 de novembro de 1942. Permaneceu como procurador durante dúas lexislaturas do período franquista. Xestionou entre os concelleiros da provincia de Lugo unha homenaxe de «reconocimiento y adhesión a nuestro glorioso caudillo y jefe del estado» con motivo da promulgación da Lei de Bases do Réxime Local.Xaime López Arias LEMOS: Concelleiros rebeldes con Franco 13 de novembro de 2004. Foi vicepresidente da Deputación de Lugo (1940-1947). Volveu ser alcalde da Fonsafrada nos ason sesenta.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes da Fonsagrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Procuradores en Cortes galegos
Categoría:Deputados provinciais de Lugo
Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes