Evangelina Jaso González, nada en Vigo en 1909 e finada en Tui o 24 de abril de 1937, foi unha republicana galega.
Traxectoria miniatura|300px|Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai. Filla de Enrique Jaso Paz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu marido, José Alonso Martínez foi detido e executado así como o seu pai e o seu irmán Enrique Jaso González. Na Semana Santa de 1937 Evangelina ocultou na súa casa de Tui tres veciños do Porriño: os irmáns Eduardo e Rogelio Fernández Miniño e o sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra. Sospeitando dela, un día ao amencer os falanxistas rodearon a casa e os agochados intentaron fuxir. Eduardo e Rogelio conseguírono, mentres Herminio torceu un pé ao caer e foi detido xunto con Evangelina. Foron xulgados e condenados a pena de morte. Foi executada na Alameda de Tui con Herminio Saavedra o 24 de abril de 1937. Eduardo e Rogelio foron asasinados meses despois.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1937