thumb|230px|Polyprion oxygeneios . thumb|230px|Polyprion moeone.
Polyprion (do grego πολύς polýs, "moito", "numeroso" e πρίων príōn, "serra", en alusión ás prominentes aletas espiñentas) é o xénero tipo da familia dos polipriónidos (Polyprionidae), peixes actinopterixios da orde dos perciformes (Perciformes).Polyprion en Global Biodiversity Information Facility Consultada o 30/11/2012.
Características Peixes de considerábel tamaño, coa cabeza grosa e maciza e un opérculo dotado de dúas espiñas arredondadas. Unha soa aleta dorsal, con de 9 a 12 espiñas e de 11 a 13 raios brandos; unha anal con 3 espiñas e de 7 a 10 raios brandos; aletas pelvianas cunha espiña e 5 raios brandos; aleta caudal truncada ou arredondada. Viven nos fondos oceánicos, onde se resgardan no interior de covas.
Clasificación O xénero comprende as catro especies seguintes: Xénero Polyprion (Oken, 1817) Polyprion americanus (Bloch e Schneider, 1801), a cherna. Polyprion moeone (Phillipps, 1927) Polyprion oxygeneios (Schneider e Forster en Bloch e Schneider, 1801) Polyprion yanezi (de Buen, 1959)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
Outros artigos Epinefelinos Serránidos Cherna
Ligazóns externas Polyprion americanus en FishBase Consultada o 30/11/2012. Polyprion moeone en MSW Consultada o 30/11/2012. Polyprioo oxyeneios en FishBase Consultada o 30/11/2012. Polyprion yanezi en FishBase Consultada o 30/11/2012. Imaxes de Polyprion sp Consultada o 30/11/2012.
Categoría:Percoideos