Interkosmos 4 (Интеркосмос 4 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de outubro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Interkosmos 4 foi o segundo membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Foi deseñado para estudar os raios X do Sol e os seus efectos na atmosfera. Levaba a bordo un polarímetro e un espectroheliógrafo+ para raios X e un fotómetro ultravioleta para o rango das liñas Lyman alfa.

Interkosmos 4 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, á parte de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca. Na recepción e interpretación dos datos participaron científicos da República Popular de Bulgaria, da República Popular de Hungría, da República Popular de Polonia e da República Popular de Romanía.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 668 km de apoxeo e 263 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,7 minutos. Reentrou na atmosfera o 17 de xaneiro de 1971.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U3-IK Interkosmos 1 Interkosmos 7 Interkosmos 41 Interkosmos 46

Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U3-IK