Maximino Martínez Fernández, nado en Outes o 6 de agosto de 1909 e finado na Fonsagrada o 29 de outubro de 1937, foi un mariñeiro e miliciano galego.

Traxectoria Mariñeiro, afiliado á CNT. Era presidente do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios da Ponte Nafonso na época do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Integrado nos primeiros grupos de resistentes, escapou a Euskadi con outros compañeiros embarcando nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa en Muros. De Euskadi pasou a Asturias, incorporouse ás actividades da Agrupación Confederal Galaica en Asturias e ingresou no Batallón Galicia, do que foi Tenente Axudante.

Morreu no Alto do Acevo cando regresaba a Galicia despois da caída da fronte asturiana o 29 de outubro de 1937.

Véxase tamén Ligazóns externas "El compañero Martínez ha muerto" (30/12/1938).Galicia Libre, Madrid . Eliseo Fernández Fernández: "El Batallón Galicia nº 19 "

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos