miniatura|245px|Heptranchias perlo. miniatura|245px|Cabeza de Heptranchias perlo. miniatura|245px|Debuxo de Hexanchus nakamurai. miniatura|245px|Debuxo de Hexanchus griseus. miniatura|245px|Cabeza de Notorynchus cepedianus.
Os hexáquidos (Hexanchidae) son unha familia de elasmobranquios (Elasmobrachii) da orde dos hexanquiformes (Hexachiformes) caracterizados por presentaren seis ou sete pares de branquias, en vez dos cinco habituais noutros tiburóns.
Están considerados como os tiburóns máis primitivos, dado que o seu esqueleto conserva algunhas características xa extinguidas, con algunhas adaptacións modernas. Os seus aparellos excretor e dixestivo están pouco especializados, o que suxire tamén que poden parecerse aos de tiburóns primitivos antepasados seus. O trazo máis distintivo, porén, é a presenza dun sexto e, en dous xéneros, un sétimo par de fendeduras branquiais.
Poden medir entre 140 e 550 cm de loinxitude. Son ovovivíparos. Aliméntanse de peixes relativamente grandes de todo tipo, incluíndo outros tiburóns, así como de crustáceos e preas.
A familia está represntada nas augas galegas por unha especie, Hexanchus griseus, o bocadoce.Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Clasificación A familia ten 4 especies actuais,Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2011): Hexanchidae en FishBase. Versión de febreiro de 2011. Consultada o 1/12/2012. ademais de moitas outras extintas: Especies actuais Xénero Heptranchias Heptranchias perlo (Bonnaterre, 1788) Xénero Hexanchus Hexanchus griseus (Bonnaterre, 1788), o bocadoce Hexanchus nakamurai Teng, 1962 Xénero Notorynchus Notorynchus cepedianus Poey, 1861 Especies extinguidas Xénero Paraheptranchias † Pfeil, 1981 Paraheptranchias repens † (Probst, 1879) Paranotidanus “Eonotidanus” contrarius † (Munster, 1843) Paranotidanus intermedius † (Wagner, 1861) Paranotidanus munsteri † (Agassiz, 1843) Paranotidanus serratus † (Fraas, 1855) Xénero Notidanoides † Maisey 1986 Notatonoides en Paleobiology Database. Consultada o 1/12/2012. Xénero Notidanodon † Cappetta, 1975 Notidanodon antarcti † Grande & Chatterjee, 1987 Notidanodon brotzeni † Siverson, 1995 Notidanodon dentatus † (Woodward, 1886) Notidanodon lanceolatus † (Woodward, 1886) Notidanodon loozi † (Vincent, 1876) Notidanodon pectinatus † (Agassiz, 1843) Xénero Pseudonotidanus † Underwood & Ward, 2004 Pseudonotidanus semirugosus † Underwood & Ward, 2004 Xénero Weltonia † Ward, 1979 Weltonia ancistrodon † (Arambourg, 1952) Weltonia burnhamensis † Ward, 1979 Familia ? Mcmurdodontidae Xénero Mcmurdodus † White, 1968 Mcmurdodus featherensis † White, 1968 Mcmurdodus whitei † Turner, & Young, 1987
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4. Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
Outros artigos Tiburóns Hexanquiformes Bocadoce
Ligazóns externas Identificación vsual das 4 especies en FishBase. Consultada o 1/12/2012. Hexanchidae en ITIS. Consultada o 12/02/2021. Hexanchidae en Animal Diversity Web. Consultada o 1/12/2012. Hexanchidae en NCBI. Consultada o 1/12/2012.
Categoría:Hexanquiformes