A dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) é unha pequena familia de elasmobranquios (Elasmpobranchia) moi primitivos da orde dos hexanquiformes (Hexanchiformes), que comprende tan só un xénero extinto e outro con oito especies extintas e unha viva,Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry) ". Bulletins of American Paleontology, 364: 560. Chlamydoselachus anguineus, o tiburón anguía, presente nas augas de Galicia,Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. e outra máis, C. africana (o tiburón anguía surafricano), propia dos mares da África austral, que está en discusión.

As especies fósiles e a actual (ou actuais) difiren o suficiente dos outros hexanquiformes (familia dos hexánquidos) que o ictiólogo Shigeru Shirai propuxo recentemente crear unha orde particular para estas especies, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes).

Especies Xénero Chlamydoselachus Garman, 1884 Chlamydoselachus africana Ebert & Compagno, 2009 (tiburón anguía surafricano, discutida) Chlamydoselachus anguineus Garman, 1884 (tiburón anguía) Chlamydoselachus bracheri † Pfeil, 1983 Chlamydoselachus gracilis † Antunes & Cappetta, 2001 Chlamydoselachus goliath † Antunes & Cappetta, 2001 Chlamydoselachus fiedleri † Pfeil, 1983 Chlamydoselachus lawleyi † Davis, 1887 Chlamydoselachus thomsoni † Richter & Ward, 1990 Chlamydoselachus tobleri † Leriche, 1929 Xénero Thrinax † Pfeil, 1983 Thrinax baumgartneri † Pfeil, 1983

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4. Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.

Outros artigos Tiburóns Hexanquiformes Tiburón anguía

Ligazóns externas Chlamydoselachidae en FishBase. Consultada o 2/12/2012. Chlamydoselachidae en ITIS. Consultada o10/2/2021. Chlamydoselachidae en Animal Diversity Web. Consultada o 2/12/2012. Chlamydoselachidae en NCBI. Consultada o 2/12/2012. Chlamydoselachidae en Elasmo Research. Consultada o 2/12/2012.

Categoría:Hexanquiformes