Ángel Segundo Médici, nado o 20 de decembro de 1897 en Buenos Aires e finado o 9 de agosto de 1971 foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar no Club Atlético San Telmo en 1915, de onde partiu en 1918 para fichar polo Club Atlético Atlanta. Recalou definitivamente en Boca Juniors no ano 1922, nesta época tamén comezou a súa participación coa Selección de fútbol da Arxentina.
En Boca xogou 8 tempadas, disputando 185 encontros e gañando nove títulos, entre eles catro campionatos nacionais (1923, 1924, 1926 e 1930) sendo os tres primeiros da Argentine Football Association, unha das dúas asociacións de fútbol existentes, e o último da Liga unificada.
miniatura|dereita|250px|Equipo da selección arxentina que obtivo a medalla de prata en 1928
En 1925 participou na xira que o club xeneize realizou por Europa, na que marcou dous goles, e pola que o equipo recibiu o título de Campión de Honra do Campionato Arxentino.
Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1922 e 1930, disputando 33 encontros e integrando o equipo que gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 e o que se proclamou subcampión do Mundial de Fútbol Uruguai 1930.
Retirouse en 1931, ano no que chega o profesionalismo ao fútbol arxentino.
Unha vez fora dos campos de xogo foi director técnico do Club Atlético Barracas Central.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1923Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1923Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1924Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1924Campión de HonraBoca JuniorsArxentina1925Copa CompetenciaBoca JuniorsArxentina1925Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1926Copa EstímuloBoca JuniorsArxentina1926Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1930Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1926
Participación coa Selección Arxentina Campionatos suramericanos AnoSedeResultado1923 UruguaiSubcampión1924 UruguaiSubcampión1925 ArxentinaCampión1926 ChileSubcampión1927 PerúCampión
Xogos Olímpicos AnoSedeResultado1928 ÁmsterdanSubcampión
Véxase tamén Ligazóns externas Estadísticas do xogador Traxectoria en Boca Segundo Médici
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA San Telmo Categoría:Xogadores do CA Atlanta Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América